Utilizador não identificado. (Entrar)
Seguir para a frente de Menu principal
Mostrar ou ocultar bloco

Menu principal

PORTUGUÉS PARA NÓS

Nesta Europa, culturalmente tan diversa, o coñecemento de idiomas convértese nun dos principais requisitos para que mozos e mozas poidan desfrutar plenamente das moitas oportunidades que ofrece a colaboración entre os pobos e a mobilidade a través dos diferentes estados (quer con fins culturais, quer académicos, laborais, turisticos ou de lecer).


É tamén, nesta perspectiva de contribuír á formacion dunha mocidade máis aberta e participativa que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén prestando especial atención ás relacións de Galiza con Portugal, poñendo en marcha unha serie de iniciativas para fomentar o contacto e cooperación entre a xente nova de ambas as beiras do Miño.


PORTUGUÉS PARA NÓS, que lle permitirá á mocidade galega, e a toda a poboación en xeral, ter acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa, xorde da convicción desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, de que, máis ca nunca, hoxe é necesario que Galiza e Portugal reforcen e amplíen os seus vínculos históricos, dándolle, agora si, unha relevancia determinante aos aspectos sociais e culturais.


Para calquera suxestión ou consulta técnica sobre o curso poden dirixirse ao administrador no seguinte enderezo: admin@portuguesparanos.com

Disciplinas disponíveis

Curso multimédia de português para galegos.




Seguir para a frente de Calendário
Mostrar ou ocultar bloco

Calendário

Dom Seg Ter Qua Qui Sex Sab
    1 2 3 4 Hoje Saturday, 5 July 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31   
Seguir para a frente de EntrarSeguir para a frente de Entrega de diplomas
Mostrar ou ocultar bloco

Entrega de diplomas

O alumnado que completou o curso antes do 15 de xuño recibirá un correo electrónico de confirmación e as instrucións para a entrega de diplomas.
En breve publicaremos o resultado do sorteo da viaxe a Lisboa.
Parabéns a todas/os!